Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-585
Clasificación Genérica Obxectos de Arte
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Vázquez Díaz, Francisco (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/09/1898 - Lugar de defunción: Puerto Rico, 21/02/1988) (Compostela) [Alcume: Compostela. Santiago de Compostela , 7 de setembro de 1898-Puerto Rico, 21 de febreiro de 1988). É un artista coñecido sobre todo pola súa faceta de escultor, predomiñando nel a construcción en madeira representando animais (pingüinos, pelícanos..]
Título Saludo de la centuria de la ofrenda
Conjunto Debuxos de Francisco Vázquez Díaz sobre a cidade de Santiago de Compostela
Materia/Soporte Papel
Técnica Plumilla
Coloreado a lápis
Dimensiones Longo = 21,80 cm; Altura = 16,30 cm
Descripción Escena que representa a procesión da centuria da ofrenda. Trátse dunha procesión multitudinaria de xente pertencente a distintas clases sociales e cun estatus social elevado (burguesía, clero, etc.) e membros da seguridade policial. A cabeza da procesión, un home con barba e lentes porta unha bandeira que leva inscrita a Cruz de Santiago e seguidamente aparecen dúas ringleiras de homes maiores agás dous rapaces. Detrás das ringleiras, un grupo de xente que parece seguir a procesión e un policía e dous nenos que observan nun segundo plano. Ao fondo aparecen dúas árbores.
Iconografia Escena de xénero
Inscripciones/Leyendas No ángulo superior esquerdo
Saludo de la centuria de la ofrenda / Compostela 1935 [No ángulo superior esquerdo: Saludo de la centuria de la ofrenda / Compostela 1935 ]
Datación 1935 (1935) [Datado no ángulo superior esquerdo debaixo do título.]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Documental: amosar e deixar constancia duns feitos ocorridos nos anos dos debuxos (1935 e 1936). Artístico: foron feitos co fin de amosar o ambiente da cidade de Santiago entre os citados anos con escenas e actos característicos da cidade e acontecementos destacables deses anos.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos. Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002 ó 9 de febreiro de 2003.
Clasificación Razonada A colección dos 26 debuxos de pequeno formato co seu cartafol (inventario D-563 a D-589) que Francisco Vázquez Díaz realizou entre 1935 e 1936, recolle escenas, tradicións, personaxes e ambientes típicos da cidade neses anos e supón un documento de interese para o coñecemento dunha parte importante da memoria recente de Compostela. Realizados a plumilla e coloreados a lapis, con trazos a veces caricaturescos, o artista reproduce aspectos da sociedade reinante naqueles momentos na cidade, dende os seus representantes, incluso por veces identificables, ata os anónimos paseantes que contribuían a outurgar a imaxe cotiá das rúas e prazas. En todos eles figura algún pequeno texto alusivo ao tema ou á escena representada, así como a palabra «Compostela» precedendo á data e que se podería interpretar tanto pola sinatura como pola indicación do lugar. Como se indicou, todos eles comprenden un período que vai entre 1935 e 1936, figurando en varios mesmo o propio día no que foi realizado.
Bibliografía 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos: [exposición] Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela. Pérez Outeiriño, Bieito(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 20/11/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6